Situada no Couto da Cruz, finalízase a súa construción a mediados do século XX. Presenta unha planta rectangular con cuberta a dúas augas e portada principal con tres portas baixo arcos. É das primeiras capelas construídas en España con advocación á Virxe de Fátima cuxo talle foi traído a ombros polos seus fieis dende Leiría (Portugal) no ano 1949. A imaxe foi cruzada en barca en Salvaterra dende onde veu en procesión percorrendo todas as parroquias de Crecente.
Galería de fotos
Dirección
© 2015 Concello de Crecente - Todos os dereitos reservados - Aviso legal | Política de privacidade | Acceso privado // Deseño e programación web Grupo5.com