A zona encóntrase marcada pola súa extensa rede fluvial, dependente do río Miño e que provoca grandes diferenzas non só orográficas, senón mesmo climatolóxicas, coa existencia de microclimas.
O contorno polo que discorrerá a ruta é inigualable, tanto pola tranquilidade e o illamento coma pola calidade ambiental da zona. A vexetación cambia paulatinamente, polo que a variedade de especies existentes na área é moi importante.
Ademáis a existencia de patrimonio, como muíños, capelas e cruceiros farán o camiño máis interesante. Pódese aproveitar no verán para darse un baño na praia fluvial Mandelas o no Pozo do Inferno.
Galería de fotos
Descarga de documentos
O trazado transcorre por parte do antigo Camiño Real, tamén chamado "Vereda Pública" (antiga vía principal de comunicación entre os Reinos de Castela e Galicia). Ó longo do sendeiro o camiñante vaise atopar coa natureza en todo o seu esplendor, variedade e cor:
- Silencio e tranquilidade por doquier.
- Marmurio das augas do regato de Paizás, e das trece singulares fontes que atopará o camiñante.
- As tranquilas e cristalinas augas do río Miño, que fan de fronteira e unión entre Cortegada (Ourense) e Filgueira (Pontevedra), e que dotan a zona que se divisa, dunha singular e apaixonante paisaxe e qeu está enriquecida polas diferentes especies arbóreas que compoñen variadas fragas.
No percurso do sendeiro atópanse: cruceiros, petos de ánimas, a capela de San Xosé e a Igrexa Parroquial de Filgueira, que data do século XVIII, facendo mención especial á abundante arquitectura popular reflectida en antigas casas grandes, hoxe abandonadas, exemplos de outras restauradas, canastros, muíños e pontes.
Son os productos locais referencia obrigada, sendo de destacar: as o queso de tetilla de Filgueira. E para repoñer forzas en Filgueira pode atopar pan, empanadas e carne de excelente calidade.
Galería de fotos
Descarga de documentos
Dirección
© 2015 Concello de Crecente - Todos os dereitos reservados - Aviso legal | Política de privacidade | Acceso privado // Deseño e programación web Grupo5.com