Concello de Crecente

Casas rurais

Casa Rural Hijos Dalgo
Pousa S/N - 36493 Ribeira - Crecente (Pontevedra)
Teléfono: 986666319
A cabalo do río Miño, e lindando con Portugal e Ourense, levántanse as nobre paredes da Casa Rural Hijos Dalgo.

A construción inicial remóntase a 1896, e aínda se conserva a súa estrutura orixinal. As súas paredes saben de historias de liñaxes e títulos nobiliarios que outrora outorgara o rei Fernando VI ao morador da casa en recoñecemento aos seus valores.

Na finca “Cruz das Cerdeiras”, anexa á casa, reuníronse o capitán Drake e o Abade do Couto para comezar a expulsión dos franceses na batalla que se librou na ponte Mourentán, sobre o río Deva.

Coa propietaria da Casa Spa Hijos Dalgo, fiel protectora do título nobiliario Hidalgos de Linares da familia e coidadora do recordo das mil e unha batallas libradas na zona, poderán descubrir vivencias e sentimentos dunha época que non nos tocou vivir...

A casa conta con doce habitacións dobres con baño, televisión e fío musical; un salón con cheminea; sala de lectura; comedor e bodega lúdico-festiva. No exterior dispón dunha piscina adecuada as necesidades de nenos e maiores, terraza-comedor, amplos xardíns, zona de grellada, aparcamento cuberto e parque infantil que fará as delicias dos máis cativos.

O viaxeiro atopará calma e paz entre os marabillosos paraxes naturais que a rodean, xa que pola zona podemos visitar unha famosa fortaleza, explorar as fermosas paisaxes que nos ofrece o río Miño, realizar diferentes rutas de sendeirismo, e poderemos desfrutar de bo viño albariño, lamprea, polbo, requeixo, xamón... Isto fai que a casa rural se converta no lugar idóneo onde desfrutar de todas as marabillas que a rodean!
 

Galería:

Localización:

Xunta de Galicia
Deputación de Pontevedra
BOE
Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra
DOG
Sede Electrónica Castastro
ORAL - Xestión Tributaria e Catastral
Portal de Transparencia
Concello de Crecente
  • Rúa Solís Ruiz, 5 - 36420 Crecente (Pontevedra)
  • Teléfono: (+34) 986 666 300
  • Email: info@crecente.es

Horario

  • De luns a vernes de 9:00 a 14:30

Parroquias

  • Albeos, Ameixeira, Angudes, Crecente, Filgueira, O Freixo, Quintela, Rebordechán, Ribeira, Sendelle e Vilar.

© 2020 Concello de Crecente - Todos os dereitos reservados // Deseño maquetación e programación web a medida Grupo5.com

Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.

Política de Cookies Aceptar