O trazado transcorre por parte do
antigo Camiño Real, tamén chamado
“Vereda Pública” (antiga vía principal de comunicación entre os Reinos de Castela e Galicia).
Ao longo do sendeiro o camiñante vaise atopar coa natureza en todo o seu esplendor, variedade e cor: murmurio das augas do
regato de Paizás, e das trece
fontes ubicadas ao longo do camiño; as tranquilas e cristalinas augas do
Río Miño; a ampla variedade de especies arbóreas...
No transcurso do sendeiro tamén nos atopamos con importantes restos histórico-artísticos como a
Capela de San Xosé e a
Igrexa de Filgueira (que data do século XVIII), cruceiros, petos de ánimas, canastros, muíños e pontes.
É produto local de obrigada referencia o queixo tetilla de Filgueira.
Este roteiro foi creado pola asociación veciñal.
Localización:
Documentos: