O Concello de Crecente recibe unha achega de 5.364,90 euros da Deputación de Pontevedra, a través do seu Servizo de Igualdade, para desenvolver o “Proxecto Avanzado na Igualdade 2026”.
A actuación enmárcase na convocatoria provincial de subvencións dirixida aos concellos de menos de 20.000 habitantes para o fomento da igualdade de oportunidades e a prevención da violencia de xénero durante o ano 2026.
IGUALDADE 2026
A través deste proxecto, o Concello de Crecente continuará desenvolvendo políticas e actuacións destinadas a promover unha sociedade máis igualitaria, sensibilizar arredor da igualdade entre mulleres e homes e avanzar na prevención da violencia de xénero.
A colaboración da Deputación permite reforzar o traballo municipal neste ámbito e achegar as políticas de igualdade á veciñanza, facendo que tamén desde os concellos pequenos se poidan desenvolver iniciativas de información, sensibilización e prevención.
Porque a igualdade non se constrúe cunha única acción nin nunha única data do calendario: constrúese durante todo o ano, desde a educación, a sensibilización e o compromiso colectivo.
Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.