O Concello de Crecente ven de rematar a renovación da sinaléctica nas Igrexas de San Xoán de Albeos e de San Pedro de Filgueira e no recinto de Festas de Albeos (área recreativa)
Esta actuación promove a renovación da sinalización existente obsoleta, mellorando a estética do entorno no que se atopan os puntos de interese e bens histórico-culturais.
Cun custe de case 3.000 euros o proxecto está subvencionado pola Deputación de Pontevedra grazas á liña b das subvencións para a supresión da simboloxía franquista nos espazos públicos e a rehabilitación e sinalización do patrimonio histórico cultural dirixidas aos concellos da provincia de Pontevedra
Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.