Concello de Crecente

Noticias

O Concello de Crecente ven de rematar as obras do investimento de acondicionamento interior da Planta baixa ca casa consistorial, ubicada na rúa solís Ruíz. As obras permiten mellorar o accesoao edificio do concello e implicaron a supresión de barreiras arquitectónicas.

O investimento foi posible grazas a unha axuda concedida pola Xunta de Galicia a trvés da Consellería de Política social ao abeiro da ORDE do 6 de xullo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas aos concellos e mancomunidades da Comunidade Autónoma de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de accesibilidade de competencia municipal, ao abeiro do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, de conformidade co Regulamento (UE) número 2021/241, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento BS701B), publicada no DOG. Núm 139 do venres 21 de xullo do 2023, cun importe de 48340,98 euros
 
O Concello mellora así as condicións de accesibilidade e supirme as barreiras da edificación para o acceso ás dependencias municipais, principalmente no que se refire a aquelas que teñen contacto directo coa veciñanza e a atención ao público, creando un espazo accesible en edificios municipais para o traslado de dependencias municipais que actualmente non son accesibles.

A Directora Xeral de Discapacidade Begoña Abeijón visitou as instalacións o pasado 8 de marzo e asistiu aos actos celebrados no Concello con motivo do 8M, día Internacional da Muller Traballadora 
 
 

Galería:

Xunta de Galicia
Deputación de Pontevedra
BOE
Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra
DOG
Sede Electrónica Castastro
ORAL - Xestión Tributaria e Catastral
Portal de Transparencia
Concello de Crecente
  • Rúa Solís Ruiz, 5 - 36420 Crecente (Pontevedra)
  • Teléfono: (+34) 986 666 300
  • Email: info@crecente.es

Horario

  • De luns a vernes de 9:00 a 14:30

Parroquias

  • Albeos, Ameixeira, Angudes, Crecente, Filgueira, O Freixo, Quintela, Rebordechán, Ribeira, Sendelle e Vilar.

© 2020 Concello de Crecente - Todos os dereitos reservados // Deseño maquetación e programación web a medida Grupo5.com

Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.

Política de Cookies Aceptar