Concello de Crecente

Patrimonio

Castro e Capela de San Sebastián
Lugar Parada nº 16 - 36491 Rebordechán - Crecente (Pontevedra)
Época: Idade do Ferro
O castro é un asentamento fortificado da Idade do Ferro emprazado nun esporón na aba "O Alto dá Serra", Parada, preto do curso do río Miño. Alterado polos axentes naturais e polas construcións viarias, presenta forma oval cun diámetro aproximado de 95 por 40 metros, estando rodeado por unha muralla duns oito metros de altura. Sen escavar e cuberto pola maleza, presenta grandes afloramentos rochosos, moitos deles con sinais de ter sido empregados como canteira.

Está formado por unha sucesión de aterrazamentos dende cróaa, aínda que no lado sueste non existe nin muralla nin aterrazamento debido ao forte desnivel natural do terreo que cae cara ao río. No lado suroeste está emprazada a ermida de San Sebastián (século XIX) e o campo da festa que produciu un desmonte que afectou á muralla. Do castro recuperáronse abundantes restos cerámicos romanos e castrexos.

 

Galería:

Localización:

Acceso á Sede Electrónica

Acceso ao Perfil do Contratante

Direccións e teléfonos de Interese

Acceso ao Buzón Cidadán

Información sobre Transparencia

Solicitude de Alumeado Público

Xunta de Galicia
Deputación de Pontevedra
BOE
Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra
DOG
Sede Electrónica Castastro
ORAL - Xestión Tributaria e Catastral
Portal de Transparencia
Concello de Crecente
  • Rúa Solís Ruiz, 5 - 36420 Crecente (Pontevedra)
  • Teléfono: (+34) 986 666 300
  • Email: info@crecente.es

Horario

  • De luns a vernes de 9:00 a 14:30

Parroquias

  • Albeos, Ameixeira, Angudes, Crecente, Filgueira, O Freixo, Quintela, Rebordechán, Ribeira, Sendelle e Vilar.

© 2020 Concello de Crecente - Todos os dereitos reservados // Deseño maquetación e programación web a medida Grupo5.com

Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.
Política de Cookies Aceptar