Concello de Crecente

Patrimonio

Castro e Muíño de Vento da Mariniña
36428 Sendelle - Crecente (Pontevedra)
Época: Idade de Ferro
Estado conservación: Deficiente
Titularidade: Privada e Veciñal
Castro ou asentamento fortificado da Idade do Ferro localizado nunha elevación do terreo na marxe dereita do río Miño, concretamente no lugar coñecido como "A Mariñiña".

Este castro con forma elípticapróxima á circular, encóntrase fortemente alterado, debido aos axentes naturais, ás actividades forestais, agrícolas e extractivas. Exemplo diso é que a croa está actualmente ocupada polo campo da festa, pavimentado con lastra, cun banco de pedra corrido e un palco.

Na superficie desta croa, hai numerosos afloramentos graníticos e os restos dun antigo muíño de vento de corpo cilíndrico, executado en cadeirado granítico con portas e ventás alinteladas que na actualidade non presenta cuberta, a cal sería cónica. A estraña presenza dun muíño de vento na zona, pode ser debida á ausencia de importantes caudais de auga ou ás secas de verán, o que impediría o funcionamento dos habituais muíños de auga.
 

Galería:

Localización:

Acceso á Sede Electrónica

Acceso ao Perfil do Contratante

Direccións e teléfonos de Interese

Acceso ao Buzón Cidadán

Información sobre Transparencia

Solicitude de Alumeado Público

Xunta de Galicia
Deputación de Pontevedra
BOE
Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra
DOG
Sede Electrónica Castastro
ORAL - Xestión Tributaria e Catastral
Portal de Transparencia
Concello de Crecente
  • Rúa Solís Ruiz, 5 - 36420 Crecente (Pontevedra)
  • Teléfono: (+34) 986 666 300
  • Email: info@crecente.es

Horario

  • De luns a vernes de 9:00 a 14:30

Parroquias

  • Albeos, Ameixeira, Angudes, Crecente, Filgueira, O Freixo, Quintela, Rebordechán, Ribeira, Sendelle e Vilar.

© 2020 Concello de Crecente - Todos os dereitos reservados // Deseño maquetación e programación web a medida Grupo5.com

Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.
Política de Cookies Aceptar